Start: 17 Decembro, 2018
00:00
End: 18 Decembro, 2023
00:00

Por resolución desta Alcaldía, de data 05/12/2018, adxudicouse o contrato menor das obras de “DOTACIÓN DE CONTEDORES SOTERRADOS NA RÚA FONTE DE FEFIÑÁNS, á empresa REVCOM, S.L., que executará as obras polo prezo de dezaoito mil oitocentos corenta e nove euros con trinta e catro céntimos (18.849,34 €), de Ive a cantidade de tres mil novecentos cincuenta e oito euros con trinta e seis céntimos (3.958,36 €), totalizando un importe de vinte e dous mil oitocentos sete euros con setenta céntimos (22.807,70 €), cunha baixa de dez euros (10,00 €), sobre o orzamento base de licitación de 22.817,70, mediante contrato menor de obras.

As mencionadas obras contan cunha subvención da Excma. Deputación Provincial, con cargo ao Plan de Obras e Servizos, Plan Concellos 2016.

O que se fai público en cumprimento do disposto no artigo 8.1 a) da Lei 19/2013, de 9 de novembro de transparencia, acceso a información pública e bo goberno dos Concellos e co disposto na Base décimo quinta das Reguladoras do Plan Concellos 2016.

En Cambados, a 17 de decembro de 2018. A Alcaldesa, Dª Fátima Abal Roma.

Fees & Tickets
Free
$0.00