Start: 8 Marzo, 2018
00:00
End: 8 Marzo, 2023
00:00

Adxudicado inicialmente á empresa Fontefría, S.L.U., o contrato menor das obras de “DOTACIÓN DE INFRAESTRUTURAS NO T.M. DE CAMBADOS (VEIGA E FONTE DO COUTO),  procedeuse á Resolución do mesmo, por Decreto desta Alcaldía 2018-0093, data 27/02/2018, solicitándose a presentación de documentación  previa á adxudicación á empresa que presentou a seguinte mellor oferta.

Por Resolución desta Alcaldía de data 08/03/2018, adxudicouse á empresa “NEXIA INFRAESTRUTURAS, S.L.U.“, o contrato das obras de “DOTACIÓN DE INFRAESTRUTURAS NO T.M. DE CAMBADOS (VEIGA E FONTE DO COUTO)”, por importe de trece mil novecentos noventa e sete euros con trece céntimos (13.997,13 €), de IVE a cantidade de dous mil novecentos trinta e nove euros con corenta céntimos (2.939,40€), totalizando un importe de dezaseis mil novecentos trinta e seis euros con cincuenta e tres céntimos (16.936,53 €), cunha baixa de 7.286,20 € sobre o prezo de licitación (24.222,73).

As indicadas obras fináncianse ao 100% pola Excma. Deputación Provincial con cargo ao Plan Concellos 2017.

O que se fai público en cumprimento do artigo 151.4 do TRLCSP, polo disposto no artigo 81.3 a) da Lei 19/2013, de 9 de novembro de transparencia, acceso a información pública e bo goberno e polo establecido na Base décimo quinta das Reguladoras do Plan Concellos 2017.

En Cambados, a 8 de marzo de 2018. A Alcaldesa Dª Fátima Abal Roma.

Fees & Tickets
Free
$0.00