Por acordo da Xunta de Goberno Local, en sesión celebrada o día 08.03.2024, adxudicouse o contrato de subministro de enerxía eléctrica para as dependencias e instalacións de titularidade do Concello á empresa IBERDROLA CLIENTES, S.A.U.
No enlace que se xunta poderán descargar o acordo adoptado.
O que se fai público en cumprimento do disposto no artigo 151 da Lei 9/2017, de 8 de novembro, de Contratos do Sector Público, pola que se transpoñen ao ordenamento xurídico español as Directivas do Parlamento Europeo e do Consello 2014/23/UE y 2014/24/UE, de 26 de febreiro de 2014, polo disposto no artigo 8.1 a) da Lei 19/2013, de 9 de novembro, de transparencia, acceso a información pública e bo goberno.
En Cambados, 11 de marzo de 2024. Servizo de Contratación.