Start: 8 Xuño, 2021
00:00
End: 8 Xuño, 2026
00:00

Por Decreto da Alcaldía, de data 8 de xuño de 2021, adxudicouse o contrato das obras de “MELLORA DOS CAMIÑOS RURAIS DE CAMBADOS: CAMIÑO DE LOURIDO E CAMIÑO DE SERANTELLOS EN CASTRELO”, á empresa “COVSA”, que as executará polo prezo e melloras seguintes:

Empresa

Prezo

s/IVE

21%

IVE

Prezo ofertado

c/IVE

Baixa

COVSA

33.766,82

7.091,03

40.857,85

4.732,25

Mellora 1

MELLORA 1. CAMIÑO DE LOURIDO

Substitución de pasos salvacunetas de entradas as fincas, construción de novos pasos con tubo corrugado de PVC de 315 mm. de diámetro, formigonado con formigón en masa HM-20. Incluso demolición dos pasos existentes, escavación, retirada e transporte de residuos a vertedoiro e tratamento de residuos.

Descrición

Uds.

Prezo unitario

Total

Paso salvacunetas con cano de tubo corrugado de PEAD saneamento de 0,315 m de diámetro exterior, dobre capa, SN8. Incluído escavación previa zanxa, colocación, 0,20 m3/ml. de formigón en masa HM- 20/sp/40, con p.p. de pezas especiais e medios auxiliares. Incluso demolicións, escavacións e retirada de residuos a vertedoiro autorizado e tratamento de residuos

120 ml

45,00

5.400,00

Mellora 2

MELLORA 2. CAMIÑO EN LOURIDO

Recrecido de tapa de pozo de bombeo con instalación de novo marco de ferro fundido, anclado a losa prefabricada de formigón con parafusos con resina, e reutilización da mesma tapa existente.

Descrición

Uds.

Prezo unitario

Total

Subministración e colocación de cerco de fundición dúctil para tapa cadrada de 60X60 cm, clase D-400, NTE/ISA-6, fixación con parafusos fixados con resina a losa de formigón prefabricada.

1 ud.

100,00

100,00

As obras están subvencionadas polo AGADER, con cargo ao Plan Marco: Mellora de camiños municipais de acceso a parcelas agrícolas 2021-2022, investimento para o que foi concedido unha axuda por importe de 38.599,60 € (proxecto de obra e control calidade), por Resolución da Directora Xeral do Agader, de data 21/04/2021.

A distribución da axuda desagrégase do xeito seguinte:

Prezo estimado

21%

IVE

Orzamento base licitación

Obra

37.677,77

7.912,33

45.590,10

Control calidade

921,83

193,58

1.115,41

Total investimento

38.599,60

8.105,91

46.705,51

O Concello deberá facerse cargo do imposto do IVE (8.105,91 €), ao non ser un gasto subvencionable de conformidade co establecido no artigo 5.2. b) da Resolución do 28 de decembro de 2020 para a concesión directa, mediante resolución, das axudas correspondentes ao Plan de mellora de camiños municipais de acceso a parcelas agrícolas 2021-2022

O que se fai público en cumprimento do disposto no artigo 8.1 a) da Lei 19/2013, de 9 de novembro de transparencia, acceso a información pública e bo goberno dos Concello e co artigo 17.8 da Resolución do 28 de decembro de 2020 para a concesión directa, mediante resolución, das axudas correspondentes ao Plan de mellora de camiños municipais de acceso a parcelas agrícolas 2021-2022

En Cambados, 8 de xuño de 2021. A Alcaldesa, Fátima Abal Roma.

Fees & Tickets
Free
$0,00