No enlace que se xunta poderán descargar o Decreto de Alcaldía, de data 15/11/2024, polo que se adxudican as obras de “MELLORA DE CAMIÑOS RURAIS NAS PARROQUIAS DE CORVILLÓN VILARIÑO E CASTRELO PC2023 2023006073” á empresa “MOVIMIENTO DE ÁRIDOS Y CONSTRUCCIONES DE AROSA, S.L.”.
O referido investimento está financiado ao 100% pola Excma. Deputación de Pontevedra, con cargo ao Plan de Obras e Servizos (Plan Concellos 2022-2023).
O que se fai público en cumprimento do disposto no artigo 151 da Lei 9/2017, de 8 de novembro, de Contratos do Sector Público, pola que se transpoñen ao ordenamento xurídico español as Directivas do Parlamento Europeo e do Consello 2014/23/UE y 2014/24/UE, de 26 de febreiro de 2014 e polo disposto no artigo 8.1 c) da Lei 19/2013, de 9 de novembro, de transparencia, acceso a información pública e bo goberno.
En Cambados, 15 de novembro de 2024. O Alcalde, D. Samuel Lago Ozón.