Start: 10 Decembro, 2018
00:00
End: 10 Decembro, 2023
00:00

Por Resolución desta Alcaldía, de data 22/11/2018, adxudicouse o contrato menor das obras de “AMPLIACIÓN CAMIÑOS NO T.M. DE CAMBADOS (FACHO, SARTAXES E SAMEIRO), á empresa MOVIMIENTO DE ÁRIDOS Y CONSTRUCCIONES DE AROSA, S.L. (MARCONSA), que as executará polo prezo de vinte e oito mil noventa e nove euros con dezasete céntimos ( 28.099,17 €), de Ive a cantidade de cinco mil novecentos con oitenta e tres céntimos (5.900,83 €), totalizando un importe de trinta e catro mil euros (34.000,00 €), cunha baixa de catrocentos trinta e nove euros con noventa céntimos (439,90 €), sobre o orzamento base de licitación de 34.439,90 €.

As mencionadas obras contan cunha subvención ao 100% da Excma. Deputación Provincial, con cargo ao Plan de Obras e Servizos, Plan Concellos 2017.

O que se fai público en cumprimento do disposto no artigo 8.1 a) da Lei 19/2013, de 9 de novembro de transparencia, acceso a información pública e bo goberno dos Concellos e co disposto na Base décimo quinta das Reguladoras do Plan Concellos 2017.

En Cambados, a 22 de novembro de 2018. A Alcaldesa, Dª Fátima Abal Roma.

Fees & Tickets
Free
$0.00