Start: 4 Novembro, 2020
00:00
End: 4 Novembro, 2025
00:00

Por Decreto da Alcaldía nº 2020-1333, de data 04/11/2020, adxudicouse o contrato da obra de “MELLORAS E ACONDICIONAMENTO XERAL DO CENTRO DE SAÚDE DE CAMBADOS, que se executarán polo prezo e prazos de execucións seguintes:

LOTE 1.- MELLORAS CENTRO DE SAÚDE

Adxudicatario:

CONSTRUCTORA E INGENIERÍA MESSI, S.L.”

Base impoñible:

36.013,23 €

IVE: 7.562,78 €

Total: 43.576,01 €

Baixa: 6.423,99

Prazo execución das obras: 45 días.

LOTE 2.- ACONDICIONAMENTO XERAL DO CENTRO DE SAÚDE.

Adxudicatario:

CONSTRUCTORA E INGENIERÍA MESSI, S.L.”

Base impoñible:

36.013,23 €

IVE: 7.562,78 €

Total: 43.576,01 €

Baixa: 6.423,00

Prazo execución das obras: 45 días.

As obras do Lote 1 están subvencionadas ao 100% pola Excma. Deputación Provincial, con cargo ao Plan de Obras e Servizos (Plan Concellos 2018-2019. Anualidade 2018).

As obras do Lote 2 están subvencionadas ao 100% polo SERGAS, con cargo ao Convenio de Colaboración, asinado en data 08/07/2020.

O que se fai público en cumprimento do disposto no artigo 8.1 a) da Lei 19/2013, de 9 de novembro de transparencia, acceso a información pública e bo goberno dos Concellos e co disposto na Claúsula undécima do Convenio de Colaboración asinado co SERGAS e na Base décimo quinta das Reguladoras do Plan Concellos 2018-2019.

En Cambados, 4 de novembro de 2020. A Alcaldesa, Dª Fátima Abal Roma.

Fees & Tickets
Free
$0.00