Start: 29 Agosto, 2018
00:00
End: 29 Agosto, 2023
00:00

Por resolución desta Alcaldía, de data 16/07/2018, adxudicouse o contrato menor das obras de “MELLORA E PAVIMENTACIÓN NO CAMIÑO RURAL DE A MODIA, á empresa “COVSA, que executará as obras polo prezo de trinta e cinco mil setecentos vinte e oito euros con sesenta e catro céntimos (35.728,64), de Ive a cantidade de sete mil cincocentos tres euros con un céntimo (7.503,01 €), totalizando un importe de corenta e tres mil douscentos trinta e un euros con sesenta e cinco euros (43.231,65 €), cunha baixa de 385,00 € (sobre o orzamento base de licitación de 43.616,65 €)

As mencionadas obras contan cunha subvención da Excma. Deputación Provincial, con cargo ao Plan de Obras e Servizos, Plan Concellos 2016.

O que se fai público en cumprimento do disposto no artigo 8.1 a) da Lei 19/2013, de 9 de novembro de transparencia, acceso a información pública e bo goberno dos Concellos e co disposto na Base décimo quinta das Reguladoras do Plan Concellos 2016.

En Cambados, a 29 de agosto de 2018. A Alcaldesa, Dª Fátima Abal Roma.

Fees & Tickets
Free
$0.00