Start: 14 Setembro, 2022
00:00
End: 14 Setembro, 2027
00:00

Por Decreto da Alcaldía 2022-1245 de data 14/09/2022, adxudicouse o contrato das obras deMELLORA DOS CAMIÑOS RURAIS DE CAMBADOS: CAMIÑO EN FORNOS, CAMIÑO NA REVOLTA E CAMIÑO EN RIVEIRO AGADER 2022-2023 PM22-0119”, á empresa MOVIMIENTO DE ÁRIDOS Y CONSTRUCCIONES DE AROSA, S.L. (MARCONSA, S.L.), polo prezo e mellora que se describe seguidamente:

Prezo s/IVE

IVE

Prezo c/IVE

Baixa

Oferta a Mellora nº 1:

42.404,02

8.904,84

51.308,86

102,83

SI

MELLORA 1: Mellora da capa de rodadura no tramo de terra do camiño da Revolta (Castrelo): Aportación de sub-base de zahorra cun espesor de 15 cm., tratamento superficial de 2 Kg/m² de ECR-2 e capa de pavimentado con asfalto en quente de D-12 cun espesor de 5 cm. totalmente rematado.

Descrición mellora a executar:

– 15 cm. de base granular de zahorra artificial, medida unha vez extraída, transportada, estendida e perfilada con motoniveladora e compactada ata a densidade máxima esixida do 100% do Ensaio Proctor Normal ou do 96% do Ensaio Proctor Modificado.

– Rega superficial con dotación de 2 Kg. de ECR-2 saturados con 10 litros de grava miúda tipo 5/8, debidamente compactado.

– Firme a base de aglomerado en quente tipo D-12 de 5 cm de espesor, medido unha vez estendido e compactado.

Uds.

Prezo unitario

Total

CAMIÑO REVOLTA

390 m²

14,00 €

5.460,00 €

TOTAL MELLORA 1

5.460,00 €

O citado investimento conta cunha subvención que ascende a un total importe de 43.000,35 € (obras e control de calidade), outorgada por Resolución da Directora Xeral do AGADER, de data 29/12/2021, ao abeiro do Plan de mellora de camiños municipais de acceso a parcelas agrícolas 2022-2023 (DOG nº 16, do 25/01/2022).

O que se fai público en cumprimento do disposto no artigo 8.1 a) da Lei 19/2013, de 9 de novembro de transparencia, acceso a información pública e bo goberno e o artigo 17 do mencionado Plan.

En Cambados, 14 de setembro de 2022. O Alcalde, D. Samuel Lago Ozón.

Fees & Tickets
Free
$0,00