Start: 29 Agosto, 2018
00:00
End: 29 Agosto, 2023
00:00

Por resolución desta Alcaldía, de data 28/08/2018, adxudicouse o contrato menor das obras de “MELLORA DA CAPA DE RODADURA DUN TRAMO DA AVDA DE VILAGARCÍA, á empresa “EXCAVACIONES Y CONSTRUCCIONES PEREZ PORTELA, S.L., que executará as obras polo prezo de quince mil setecentos euros con oitenta e tres céntimos (15.700,83 €), de Ive a cantidade de tres mil douscentos noventa e sete euros con dezasete céntimos (3.297,17 €), totalizando un importe de dezaoito mil novecentos noventa e oito euros (18.998,00 €), cunha baixa de 1.002,00 € (sobre o orzamento base de licitación de 20.000,00 €).

As mencionadas obras contan cunha subvención da Excma. Deputación Provincial, con cargo ao Plan de Obras e Servizos, Plan Concellos 2016.

O que se fai público en cumprimento do disposto no artigo 8.1 a) da Lei 19/2013, de 9 de novembro de transparencia, acceso a información pública e bo goberno dos Concellos e co disposto na Base décimo quinta das Reguladoras do Plan Concellos 2016.

En Cambados, a 29 de agosto de 2018. A Alcaldesa, Dª Fátima Abal Roma.

Fees & Tickets
Free
$0.00