Start: 25 Abril, 2018
00:00
End: 25 Abril, 2023
00:00

Por resolución desta Alcaldía, de data 25/04/2018, adxudicouse o contrato menor das obras de “CONSERVACIÓN DO PAZO DE TORRADO E SALA DA NAVE DE PEÑA”, á empresa “CONSTRUCCIONES RIMAL, S.L.”, por importe de sete mil trescentos euros con dezasete céntimos (7.300,17 €), mil cincocentos trinta e tres euros con catro céntimos (1.533,04 €) de IVE, totalizando un importe de oito mil oitocentos trinta e tres euros con vinte e un céntimos (8.833,21 €) e cunha baixa de 2.997,94 € sobre o prezo de licitación (11.831,15 €).

As mencionadas obras atópanse subvencionadas ao 100% pola Excma. Deputación Provincial, con cargo ao Programa para a rehabilitación e a sinalización do patrimonio histórico-cultural.

O que se fai público en cumprimento do artigo 151.4 do TRLCSP, polo disposto no artigo 8.1 a) da Lei 19/2013, de 9 de novembro de transparencia, acceso a información pública e bo goberno dos Concellos e de conformidade co establecido no apartado 12 g) das Bases reguladoras da subvención.

En Cambados, a 25 de abril de 2018. A Alcaldesa, Dª Fátima Abal Roma.

Fees & Tickets
Free
$0.00