Start: 14 Maio, 2021
00:00
End: 14 Maio, 2026
00:00

O Concello de Cambados, de conformidade ao disposto no Art. 25.2 m) da LRBRL exerce competencias en materia de “Promoción da cultura e equipamentos culturais“.

Este Concello de Cambados, ao longo dos anos, foi adquirindo obras escultóricas de distintos autores, que se poden contemplar ao longo de todo o casco urbano, que esta declarado Ben de Interese Cultural (BIC).

Con motivo da exposición escultórica que se realizou ao aire libre o pasado verán de 2020, entre as obras expostas figuraba a escultura “Guerreiro con lanza”, resultando a súa adquisición do interese desta Corporación Municipal e que, xunto co proxecto de “Remodelación da Praza de Fefiñáns”, para a que se ten solicitada a correspondente axuda da Excma. Deputación de Pontevedra, conformarán un novo espazo urbano.

 VÍDEO FOTOGRÁFICO

Nestas datas ven de adquirirse a esculturaGUERREIRO CON LANZA, do escultor Francisco Pazos Martínez, obra executada en granito do país das canteiras de Parga (Lugo). As súas dimensións son 205x100x80 cm e un peso de 2275 kg.

O importe da adquisición ascendeu a 12.100,00 € (Ive engadido), atópandose financiado ao 100% pola Excma. Deputación Provincial con cargo ao Plan de Obras e Servizos (Plan Concellos 2018-2019. Anualidade 2019).

O que se fai público en cumprimento do disposto no artigo 8.1. a) da Lei 19/2013, de 9 de decembro, de transparencia, acceso á información e bo goberno e na Base 15 das Reguladoras da convocatoria do Plan Concellos 2018-2019.

En Cambados, 14 de maio de 2021. A Alcaldesa, Dª Fátima Abal Roma.

Fees & Tickets
Free
$0,00