O Pleno da Corporación Municipal de Cambados, en sesión ordinaria desenvolvida o 26 de setembro de 2024, adoptou entre outros, o acordo que se transcribe seguidamente:
“… PRIMEIRO.- Aceptar a proposta de adxudicación do contrato de Servizo de Xestión da Escola Infantil Municipal formulada pola Mesa de Contratación, en sesión do 24/09/2024, a favor da empresa “Aurora Pilar y Ana, S.L.
SEGUNDO.- Delegar as facultades de adxudicación do contrato do “Servizo de Xestión da Escola Infantil Municipal de Cambados” en favor da Xunta de Goberno Local.
TERCEIRO.- Dar conta ao Pleno da resolución definitiva do expediente.
CUARTO.- A presente Resolución produce efectos ao día seguinte da súa adopción sen prexuízo da súa preceptiva publicación no Boletín Oficial da Provincia…”
O que se fai público en cumprimento do disposto polo artigo 51.2 do Real Decreto 2568/1986, do 28 de novembro, polo que se aproba o Regulamento de Organización, Funcionamento e Réxime Xurídico das Entidades Locais.
Cambados, 21 de outubro de 2024, O Alcalde. D. Samuel Lago Ozón.