Start: 13 Febreiro, 2024
00:00
End: 13 Febreiro, 2029
00:00

Por Decreto de Alcaldía 2024-0054, de data 16/01/2024, resolveuse o seguinte:

“…Por acordo da Xunta de Goberno da Excma. Deputación de Pontevedra, en sesión celebrada o 29/12/2023 e, ao abeiro das Bases reguladoras e convocatoria das subvencións para a redacción de proxectos de recuperación de espazos públicos e creación de sendas peonís e/ou ciclables nos concellos da rede ágora (expediente 2022023348), aprobadas pola Xunta de Goberno da Deputación, en sesión de 13 de maio de 2022, publicadas no BOPPO de 20 de maio de 2022, concedeuse a subvención que se reflicte seguidamente:

Proxecto 2023006432

Orzamento €

Subvención €

Fondos Concello €

MELLORA ESTÉTICA E FUNCIONAL DE ENCLAVES TURÍSTICOS NO CASCO HISTÓRICO DE CAMBADOS

17.545,00 €

15.790,50 €

1.754,50 €

Polo exposto, en virtude das competencias atribuídas á Alcaldía polo artigo 21.1 s), da Lei 7/1985, de 2 de abril, reguladora das Bases do Réxime Local

RESOLVER:

1º.- Aceptar a subvención concedida pola Excma. Deputación de Pontevedra para levar a cabo o investimento relacionado, de conformidade co establecido nas citadas Bases reguladoras e na lexislación en materia de contratación e subvencións.

Asemade e, o abeiro da Base décimo quinta o investimento deberá xustificarse no prazo máximo de 4 meses, a contar dende a publicación da resolución de concesión no BOPPO.

2º.- Da presente Resolución darase traslado aos Servizos de Intervención e Contratación aos efectos xustificación da subvención outorgada e darase conta ao Pleno da Corporación na primeira sesión que celebre…”

O que se fai público en cumprimento do establecido no  artigo 8 da Lei 19/2013, de 9 de decembro, de transparencia, acceso á información pública e bo goberno.

En Cambados, 12 de febreiro de 2024.  Servizo de Contratación.

Fees & Tickets
Free
$0,00