A explanada da Alameda de San Tomé será o escenario no que este sábado, 5 de setembro, se dispute o torneo solidario de baloncesto 3×3, no cal os fondos recadados serán destinados á asociación Esperanza Salnés.
Todos aqueles interesados en participar, poden inscribirse a través de facebook, na páxina 3×3 Esperanza Salnés. O prezo da inscripción será de 10€ por cada xogador, os cales inclúen unha camiseta conmemorativa e seguro médico por se hai algunha incidencia.
Todos os interesados en colaborar con Esperanza Salnés, poden facelo ademáis a través do bote para a recollida de aportacións. Tamén haberá un bar onde a recadación pola venta de bebidas irá destinada a este fin benéfico.