Xornadas de Exaltación da Zamburiña do 30 de Novembro ao 5 de Decembro

Xornadas de Exaltación da Zamburiña do 30 de Novembro ao 5 de Decembro

Cambados recupera as Xornadas de Exaltación da Zamburiña.
Tras catro anos de ausencia pola escaseza de capturas, Concello, Asociación de Comerciantes, e Confraría de Pescadores retoman as Xornadas que se celebrarán do 30 de novembro ao 5 de decembro.

Dez locais de hostelería participarán na iniciativa coa elaboración de propostas a base de zamburiña que se servirán a un prezo de seis euros a ración, doce euros se vai acompañada dunha botella de Albariño.