ENTROIDO 2016

Dende a Concellería de Cultura do Concello de Cambados estase a ultimar o programa e as bases do vindeiro Entroido 2016.

Con respecto ás propostas deste ano, volverá a contarse con actividades xa tradicionais como o Concurso de Carrozas ou de Disfraces, así como o de filloas. Pero tamén  adianta que haberá varias novidades que de seguro farán do Entroido cambadés unha cita ineludible para os veciños e veciñas non só da vila, senón de toda a comarca.

En concreto xa avanzou que este ano preténdese contar cos cambadeses e cambadesas que o desexen, para participar como membros do xurado.  Todas aquelas persoas maiores de idade que estean interesadas poderán inscribirse a partir de hoxe mesmo na biblioteca municipal Luís Rei. Con todos/as os inscritos farase unha selección tendo en conta as súas preferencias en canto a día e actividade, e contactarase posteriormente para establecer diferentes xurados integrados por 5 membros.

Nos vindeiros días Victor Caamaño agarda ter todo organizado para poder presentar o programa publicamente, que pretende ser unha proposta lúdica e cunha marcada pegada dos Entroidos cambadeses de antano.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.