ENTREGA DAS CHAVES DO PAVILLÓN DO IES RAMÓN CABANILLAS E DAS INSTALACIÓN DEPORTIVAS DO POMBAL

Esta mañá a Deputación de Pontevedra efectuou a entrega das chaves do pavillón do IES Ramón Cabanillas e das instalacións do Pombal, despois da súa remodelación.

O acto de entrega realizouse no Pavillón do Cabanillas, ao cal asistiu unha delegación da Deputación encabezada pola súa presidenta, Carmela Silva, acompañada de varios deputados provinciais. Carmela Silva entregou as chaves das remodeladas instalacións ao Concello, representado pola alcaldesa Fátima Abal e o concelleiro de Deportes Víctor Caamaño, e á dirección do centro.

Despois da visita ás instalacións, acompañadas polo equipo de voleibol X.A.V., as xogadoras de dito equipo estrearon as instalacións.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.