Enquisa de zonas de deficiencia na cobertura de redes móbiles

Enquisa de zonas de deficiencia na cobertura de redes móbiles

A Fegamp acaba de asinar coa Amtega un Convenio Marco de colaboración para a posta en marcha de actuacións encamiñadas a mellorar a cobertura de comunicacións móbiles no rural de Galicia, cofinanciadas parcialmente co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) no Marco do PDR de Galicia 2014-2020.

Os concellos podemos achegar información sobre núcleos de poboación nos que non hai cobertura ou é deficiente.

O Concello de Cambados, como socio da Fegamp, poñerá a disposición da Amtega as parcelas municipais necesarias para a instalación de antenas destinadas a cubrir as deficiencias nas zonas indicadas, especialmente nos núcleos rurais.

A Amtega, tras facer as comprobacións oportunas sobre o terreo, determinará con criterios técnicos obxectivos  as zonas nas que actuar para iniciar o concurso para as operadoras interesadas.

O concello pon a disposición da veciñanza unha enquisa para recoller información sobre as zonas con cobertura móbil deficiente: