ENCONTRO POLA IGUALDADE E CONTRA AS VIOLENCIAS MACHISTAS

ENCONTRO POLA IGUALDADE E CONTRA AS VIOLENCIAS MACHISTAS

A Plataforma Feminista Galega e a asociación “O Soño de Lilith” organizan o vindeiro venres 27, ás 20:00 en Exposalnés, un encontro pola igualdade e contra as violencias machistas.

Este encontro, que conta coa colaboración da área de igualdade do Concello de Cambados e o CIM da Mancomunidade do Salnés, ten por finalidade constituír un grupo de acción na comarca do Salnés que sume tanto a organizacións como a persoas individuais interesadas nesta loita pola igualdade e contra as violencias machistas.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.