A Caravana Morada, ubicada este ano na Praza da Leña, estará operativa os días 29 e 30 de xullo e os días 4, 5 e 6 de agosto.
Unha trintena de establecementos comerciais e de restauración de Cambados adheríronse á rede de locais contra a violencia de xénero habilitada pola Concellería de Igualdade como puntos de seguridade durante a celebración da Festa do Albariño.
En todos eles, calquera persoa que se encontre nunha situación de vulnerabilidade pode solicitar axuda ao responsable do establecemento que se coordinará de inmediato co equipo técnico e de expertos en psicoloxía centralizado na Caravana do Punto Morado, ubicada este ano na Praza da Leña, ao carón da rúa Príncipe.
As persoas voluntarias dos locais participantes recibiron previamente unha formación específica sobre cómo actuar en casos de violencia de xénero, agresións abusos ou acoso sexual e a rede de puntos de seguridade estará operativa durante as xornadas e tramos horarios de celebracións do Albariño nos que se agarda maiores multitudes.
En concreto, serán os días 29 e 30 de xullo, de 22 horas ata as 2:00, e o 4, 5 e 6 de agosto, de 22 horas ata as 6:00 horas.
A Concelleira de Igualdade, Fátima Abal, explica que “a actuación dos Puntos de Seguridade guiarase por un protocolo deseñado específicamente para o Albariño que ten como obxectivo dar prioridade á atención ás vítimas para
evitar ou diminuír as situacións de vulnerabilidade e inseguridade,
atendendo ao seu estado emocional e físico, valorando o risco que
enfrontan, respectando os seus tempos, garantindo e respectando a súa decisión informada e asegurando o seu acompañamento”.
Así, o protocolo determina cuestións como qué se debe facer e qué non ante unha situación de violencia de xénero, agresión, abuso ou acoso sexual, así como cal ha de ser a actitude ante unha víctima.
Entre elas, informar á victima de que “non debe cambiarse de roupa, nin lavarse, nin comer, nin beber, xa que poderían eliminarse probas esenciais para a identificación e condena do agresor, ademáis de manter a coordinación permanente con todos os axentes implicados na atención á víctima”.
Asimesmo, o protocolo aconsella ás persoas voluntarias da rede “mostrar comprensión e interese sobre o ocorrido, asegurarlle que non é culpa súa, respectar a súa privacidade e non mostrar unha actitude morbosa sobre os detalles do suceso”.