En agosto, volven os Seráns de Troula a Cambados

En agosto, volven os Seráns de Troula a Cambados

A Troula volve a Cambados en agosto, coa segunda edición de Serán de Troula. Esta vez son os xoves os días elixidos para este ciclo de concertos orientados á mocidade, buscando ser un anticipo da fin de semana.

O salón de plenos da casa consistorial acolleu a presentación do evento, nunha rolda de prensa na que a alcaldesa, Fátima Abal, o concelleiro de xuventude Miguel Pérez e a organizadora do evento Cristina Padín deron a coñecer os detalles das actuacións musicais.

A primeira das citas será o xoves 9 de agosto na praza de Alfredo Brañas e estará adicada ao blues, cos grupos Mojo Experience e The Fabulous Resaca Brothers.

O 16 de agosto será o turno do pop, con Marem Ladson e unha sesión de DJ, na praza das Rodas.

E pechará o ciclo o serán de rock, o 23 de agosto na praza do Castriño, con Foxy Freire e Kings of the Beach.