DIVER-DIVERSIDADE EN CAMBADOS!!

DIVER-DIVERSIDADE EN CAMBADOS!!

O pasado sábado, coas “I Xornadas de Normalización Lingüística”, iniciamos un proxecto (Diver-diversidade en Cambados!!) que implicaría unha serie de actividades en torno á normalización Lingüística a desenvolver no mes de setembro, aproveitando que o día 26 será o Día Europeo das Linguas. Así, cada sábado deste mes, realizarase unha actividade de dinamización lingüística, de xeito que desde a Concellería de Cultura do Concello de Cambados preténdese colaborar na promoción da lingua galega e ao mesmo tempo dar a coñecer o gran abano de linguas e culturas que conviven no noso concello.

Con esta nota, facilitamos información das actividades a desenvolver neste mes de setembro, no Auditorio Municipal e na Bliblioteca Luís Rei

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.