
Hoxe 2 de abril celébrase o Día do Libro Infantil e Xuvenil. Por este motivo ás Bibliotecas convidan a festexar esta data dende o confinamento doméstico con catro propostas. Son as seguintes:
- Ler en familia algunha obra de literatura infantil, especialmente recomendada a lectura de contos polos pais e nais aos fillos máis cativos para fomentar o gusto polos libros e a lectura.
- Participar no concurso promovido por Galix “Un poema na túa voz”. Neste momento no que os nenos e nenas están nas casas coa súa familia, animámos a ler con eles poesía galega, que sexan os rapaces e rapazas as que vola lean e a que gravedes as súas lecturas e as enviedes a Galix. + información
- Acceder a literatura infantil e xuvenil dende casa, algunhas que recomendamos son:
- Salón do Libro Infantil e Xuvenil de Pontevedra abre as súas portas no mundo dixital, e ofrece contidos todos os días no Salón Virtual
- O Colectivo NOGA #narracionoralgalega crea a canle de YouTube Pandemia de contos, onde se poden atopar historias breves contadas por diversas narradoras e narradores orais.
- A editorial Galaxia ten creada no Instagram a conta Galaxia Infantil, na que se están a colgar vídeos nos que as autorías falan dos seus libros
- A páxina web de Kalandraka, que ofrece moito material videográfico arredor da literatura en Kalandraka TV.
- En páxinas como a de Os Bolechas, por exemplo, podemos atopar contido para ocupar o tempo de lecer das nosas crianzas.
- Atoparedes vídeos, series, música, audio-contos e xogos en galego na web do Xabarín en CRTVG. Non vos perdades os divertidos Karaokes do Xabarín, para cantar en familia. Na canle YouTube do Xabarín.
- Na canle de YouTube Sonárbore, a canle en youtube da Editorial Galaxia, hai moitos vídeos para cantar e bailar en galego.
- Na páxina da Real Academia Galega: contidos para o público infantil sobre Carballo Calero a quen se lle dedica este ano o Día das Letras Galegas.
- Máis información na web da Asociación Galega do Libro Infantil e Xuvenil, Galix.
- Dende a Biblioteca Municipal lembramos que os nosos socios ou calquera cidadán pode acceder a “Galicia Le”.
- GaliciaLe é a plataforma de préstamo de libros, revistas, audiolibros e películas en formato electrónico das bibliotecas públicas galegas que ten por obxectivo facilitar o acceso de toda a cidadanía á cultura. GaliciaLe proporciona un servizo de préstamo temporal de obras en formato dixital de temáticas diversas no que os intereses de todas as persoas lectoras terán o seu espazo (ficción, informática, historia, ocio etc.) e todas as idades o seu lugar.
- En GaliciaLe o lector atopará dous catálogos: un que contén o “Catálogo galego” e outro que aloxa o “Catálogo en castelán”. As obras incluídas nestas dúas contornas poderán lerse e visionarse en dispositivos compatibles: tabletas, teléfonos móbiles e ordenadores persoais. No caso dos libros, poderá facelo, ademais, desde un lector de libro electrónico.
En definitiva, dende a nosa casa temos moitos xeitos de celebrar este Día do Libro Infantil e Xuvenil . Boas lecturas para todos!
DÍA DO LIBRO INFANTIL E XUVENIL
Dende 1967 cada 2 de abril, por iniciativa do IBBY (International Board on Books for Young People), celébrase o Día do Libro Infantil e Xuvenil. Nesta data conmemórase o aniversario do nacemento do escritor danés Hans Christian Andersen, figura fundamental na literatura infantil de todos os tempos.
Con esta celebración o IBBY pretende promocionar a boa literatura infantil e xuvenil. Cada ano encoméndase a unha sección nacional a selección das persoas relevantes no seu país que, no campo da escrita e da ilustración, realizarán o cartel e a mensaxe que se traducirá a todas as linguas presentes na organización e se difundirá a nivel internacional.
Este ano 2020 correspóndelle á sección de Eslovenia representar
ao IBBY a través do texto de Peter Svetina e o cartel de Damijan Stepancic. A
Asociación Galega do Libro Infantil e Xuvenil (GÁLIX), como sección da
Organización Española para la Literatura Infantil (OEPLI), ocúpase da tradución
ao galego e da súa difusión en Galicia.
Neste texto Peter Svetina escrebe:
Cando alguén ten fame e sede, o seu estómago encóllese e sécaselle a boca.
Busca encontrar cando menos un codeliño de pan, unha cunca de arroz, un peixe
ou unha froita. Canta máis fame, tanto máis se lle estreita a mirada, ata que
xa non ve máis ca un bocado ou un grolo que o deixarían farto.
Pero a fame de palabras non se presenta deste xeito, senón que toma forma de
abatemento, de apatía, de arrogancia. A xente que sofre deste tipo de fame non
é consciente de que na súa alma reina o frío, non se decata de que está a pasar
a carón de si mesma e non se ve. Unha parte do mundo váiselle das mans sen
sequera notalo.
Esta fame unicamente poden saciala os poemas e os contos.
Texto completo