DESMARKET CAMBADOS

DESMARKET CAMBADOS

O Desmarket que se celebra o 29,30 e 31 de Marzo no Salón J.Peña é un evento onde participan emerxentes, tendas, música, influencers e contara con Obradoiros de moda e catas

Cambados busca iniciativas diferentes para promocionar o seu comercio local. Concello e Zona Centro propoñen unha actividade innovadora na contorna organizada pola empresa Nordelaina. Chámase Desmarket, e mesturará no Salón José Peña comercio, moda e deseño con obradoiros, música en directo e espazo gastronómico. Trinta locais e marcas emerxentes cambadesas participan nesta proposta.

O Desmarket celebrarase a fin de semana do 29 ao 31 de marzo, e participarán influencers e instagramers de diferentes puntos de todo o estado e con máis de un millón de seguidores nas redes sociais. No Desmarket tamén haberá espazo para a mellor música, con zonas para concertos en directo, sesións de micrófono aberto e Dj´s. Así o domingo 31 de marzo, ás 13:30h actuaran Los Vinagres, o sábado 30, ás 13:30h van actuar Monoulious DOP, e tamén o sábado 30, pero xa pola tarde, ás 20:00h contaremos con Tulip, que seran a banda sonora de 3 días de compras nos que participarán as mellores tendas de Cambados, marcas emerxentes, xunto a obradoiros sobre moda e visitas de influencers chegados de diferentes partes do país.

Micro Aberto e Catas de Viño Albariño, Cervexa e Vermú

Sabela Trigo vai a estar no Desmarket e vai a participar no “micro aberto”. Sabela, natural de Cambados, ten 18 anos e é estudante. Principiante na música pero con moito futuro. Recentemente pasou a preselección para as “audicións a cegas” do programa La Voz e sabemos que isto solo é o comezo! Sesións de Micro Aberto nas que tamén participara Soyxur, Xurxo, que é natural de Lira, é un cantante de 20 anos que participou en programas de cadeas como Disney Channel (My Camp Rock, Star contra las Fuerzas del Mal, etc.), Telecinco (La Voz Kids, Más Que Baile, Cántame una Canción, etc.) ou na TVG. Actualmente atópase preparando o que será o seu primeiro traballo como solista.

Por outra banda Enoturismoriasbaixas.com vai organizar Catas de viño, cervexa e vermú durante o evento. Así para aquelas persoas que queiran participar nestas Catas programadas e gratuitas, teñen que anotarse no propio stand que vai ter no Desmarket na zona Gastro esta empresa emerxente de Cambados.

O Venres 29, ás 18:00 horas celebrarase a primeira cata de Viño Albariño da man de “Desconcierto” de Cambados Urban Winery, SL. Unha bodega Boutique de Cambados que naceu co compromiso de transmitir a exclusividade de seu “Terroir Cambadés” e o resultado da combinación do autóctono, tradicional e contemporáneo na elaboración dos seus viños, entendendo a singularidade como medio diferenciador. Tamén o Venres, pero ás 19:00 horas vaise celebrar unha Cata de Cervexas das Marcas “Mahou e Alambra”. Onde os asistentes poderán catar as distintas cervexas que se presentan da man dun mestre cervexeiro.

O Sábado 30 de Marzo, ás 11:30 horas haberá unha cata do Viño Albariño “Paco & Lola” da Sociedade Cooperativa Vitivinícola Arousana. A imaxe distinguida e arriscada, as ganas de saír do establecido e a creación dunha marca de recoñecemento mundial convertéronse nos tres piares da filosofía Paco & Lola. Fieis a esta filosofía convertéronse nunha das adegas de maior recoñecemento da D.O. Rías Baixas. Tamén o Sábado, pero ás 13:00 horas imos ter outra Cata de Viño Albariño, neste caso da Adega “Mar de Frades”, un viño con toques salinos e que conta con máis de 60 hectáreas de viñedo na comarca do Salnés e que esta a ser un dos referentes na DO Rías Baixas pola calidade dos seus caldos.

Xa no Domingo, ás 13:00 horas os asistentes ao Desmarket poden participar nunha Cata de Vermú, neste caso da man de Lodeiros, un vermú de moda e galego. Aínda que nunca se foi, estamos a vivir unha época de recuperación da cultura do vermú. É unha bebida que se converteu en tendencia. A aparición de novas marcas de vermú no mercado así o indica.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.