Este sábado día 24, disputouse no pavillón Príncipe Felipe de Pontevedra a Copa Deputación de Técnica de Taekwondo, a cal é clasificatoria para a Copa Xunta de Galicia, que se celebrará o vindeiro 7 de novembro na localidade de Vilalba (Lugo). Na fase provincial de Pontevedra estaban inscritos un total de 532 deportistas de tódalas categorías e idades, e dos diferentes clubes da provincia. O Clube Vital Sport Cambados e o seu asociado, o Clube Gym Vital de Caldas de Reis, conseguiron clasificar a oito deportistas para a fase autonómica, sendo os clasificados Lucas Fojo Lago, Ariana Mosteiro Vilas, Alba Conde Aragunde, Aitana Rey Gómez, Daniel López García, Yoel Moares Freiría, Mario Abal Martínez e Mario Blanco Falcón, os cales acudirán á cita de Vilalba, dentro de dúas semanas, a realizar un bo papel neste campionato autonómico.
DEPORTISTAS DO CLUBE VITAL SPORT CAMBADOS CLASIFÍCANSE PARA A COPA AUTONÓMICA DE TAEKWONDO
M | T | W | T | F | S | S |
---|---|---|---|---|---|---|
« Set | ||||||
1 | 2 | 3 | 4 | |||
5 | 6 | 7 | 8 | 9 | 10 | 11 |
12 | 13 | 14 | 15 | 16 | 17 | 18 |
19 | 20 | 21 | 22 | 23 | 24 | 25 |
26 | 27 | 28 | 29 | 30 | 31 |
Últimas novas

Mar de letras - VII edición relato curto e poesía
18 Setembro, 2024
CartelMarDeLetras2024Descarga BasesMarDe

LXXII Festa do Viño Albariño
31 Xullo, 2024
Albarino-LXXII-24_ProgramaDescarga