Dende que en 1969 se produciran os disturbios de Stonewall en Nova York (Estados Unidos) a comunidade mundial celebra, cada 28 de xuño, unha xornada de reflexión co obxectivo de visibilizar valores universais tales como a igualdade, o respecto, a diversidade, a liberdade e a non discriminación.
A pesar do progresivo recoñecemento dos dereitos das persoas LGTBI no sistema de protección de dereitos das Nacións Unidas nos últimos trinta anos e particularmente, en Europa, non é menos certo que, hoxe en día, a diversidade sexual segue sendo vítima dunha brutal intolerancia e discriminación sufrida, en diferentes formas e manifestacións, por lesbianas, gais, bisexuais, transexuais e intersexuais.
A día de hoxe, os Gobernos Locais españois estamos á vangarda no recoñecemento legal dos dereitos do colectivo LGTBI pero lamentamos que o recoñecemento destes dereitos non se producise a nivel universal, nin de maneira plena.
É necesario avanzar cara o recoñecemento e protección universal da diversidade sexual, desenvolvendo políticas públicas e implementando servizos que aseguren a igualdade efectiva de todas as persoas, con independencia da súa orientación sexual e identidade de xénero, como elemento esencial para a convivencia, o progreso e o desenvolvemento social e económico sostible.
E, precisamente, é nese contexto de igualdade efectiva onde os Gobernos Locais, porta de entrada directa e real do sentir da cidadanía, estamos chamados a xogar un papel clave para garantir a convivencia cidadá e a non discriminación de lesbianas, gais, transexuais, bisexuais e intersexuais.
Concellos, Diputacións, Consells e Cabildos Insulares reclamamos o noso papel como axentes esenciais no deseño e o desenvolvemento de políticas transversais e estratéxicas que garantan a igualdade de trato e a non discriminación.
Por todo elo, os Gobernos Locais reunidos na FEMP:
- Invitamos a todas as Entidades Locais a adherirse a esta Declaración e sumamonos a todas as voces que claman por un futuro en igualdade.
- Recoñecemos a necesidade de investir en políticas en favor da diversidade sexual e a non discriminación das persoas pola sua orientación sexual ou identidade de xénero a través do desenvolvemento de programas e proxectos de atención, información, formación e sensibilización que fagan das nosas cidades e vilas espazos seguros para a diversidade sexual.
- Reafirmamos o noso compromiso cos dereitos humanos e, en consecuencia, co principio de igualdade efectiva entre as persoas, do que forma parte a diversidade sexual, así como da non discriminación das persoas pola súa orientación sexual ou identidade de xénero, recoñecendo os avances neste marco, ao tempo que reiteramos a nosa firme determinación de avanzar na superación das barreiras que ainda perviven hoxe en día.
- Manifestamos a nosa preocupación e condena ante o aumento do número de agresións a persoas LGTBI no noso país e traballaremos dende o noso ámbito para responder axeitadamente a esta situación, especialmente mediante a información e formación da Policía Local.
- Non son posibles as políticas de igualdade sen os Concellos. Por ese motivo, reivindicamos a necesidade de dotar ás Entidades Locais das competencias nesta materia así como de suficientes medios e recursos para, en colaboración co Goberno e as CCAA, asegurar a implementación axeitada de todas as políticas e iniciativas necesarias para garantir a igualdade efectiva das persoas en todas as nosas vilas y cidades