DA ESCOLA AO MERCADO

DA ESCOLA AO MERCADO

O mercado ambulante de Cambados tivo está mañá uns postos moi especiais: un grupo de nenos de entre 5º curso do colexio Antonio Magariños que crearon a súas propias cooperativas acudiron a vender os seus produtos ao mercado dos mércores. Os alumnos montaron dous postos. Sobre eles, despregaron a súa variada mercadoría, na que abundaban os xogos e os artigos de artesanía. Todos os artigos foron confeccionados polo propio alumnado.

A metade do que recauden coa venta dos seus produtos irá destinado a AECC (Asociación Esoañola Contra o Cancro) e ao Refugio de Animales de Cambados.

A experiencia forma parte do proxecto “Depoemprende”, da Deputación, e o seu obxectivo é fomentar o espírito emprendedor entre os nenos e os adolescentes. O Magariños cambadés foi un dos centros seleccionados para participar na experiencia, e desde hai meses, as súas dúas clases de sexto de Primaria traballan na posta en funcionamento da cooperativa.

Os alumnos tiveron que dar todos os pasos aos que estaría obrigada calquera outra entidade similar, como crear e aprobar uns estatutos, pedir un CIF en Facenda, solicitar a licenza municipal para exercer a venda e pagar as taxas por ocupación de espazo no mercado.

Este é o segundo ano que o Magariños participa no programa da Deputación “Depoemprende”.

 

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con

This site uses Akismet to reduce spam. Learn how your comment data is processed.