Cursos SmartPeme de maio en Exposalnés

Cursos SmartPeme de maio en Exposalnés

O Centro ExpoSalnés de Cambados acollerá durante o mes de maio sete obradoiros ao abeiro do programa “SmartPeme” da Deputación Provincial. “SmartPeme” oferta ás persoas emprendedoras e pemes da provincia unha serie de servizos de información, análise, asesoramento, capacitación, demostración, acompañamento e titorización no ámbito das TIC, sempre da man dos propios implicados e implicadas e coa colaboración das asociacións de empresarios e empresarias e de mozos e mozas autónomas.

As persoas interesadas en participar nestes obradoiros, que se celebrarán a partir das 19.00 horas, agás dous, poderán formalizar a súa inscrición chamando ao 886202020 ou ben a través do correo electrónico info.smartpeme@depo.es ou da páxina web www.smartpeme.depo.es.

Os cursos que se desenvolverán son os seguintes:

  • mércores 2 de maio ás 19:00 horas: “Aprende a promocionar a túa empresa con Pinterest”.
  • luns 7 de maio ás 19:00 horas: “Edición de fotografía para plataformas e-commerce”
  • xoves 10 de maio ás 19:00 horas: “Prestashop I: Comeza a crear a túa propia tenda online”
  • luns 21 de maio ás 19:00 horas: “Prestashop II: Xestión dunha tenda online”
  • xoves 24 de maio ás 17:00 hora: “Seguridade informática: conceptos básicos”
  • luns 28 de maio ás 17:00 horas: “Márketing dixital: clave para competir nun mercado turístico global”
  • xoves 31 de maio ás 19:00 horas: “Crea un servizo privado de almacenamento na nube”