CURSOS SMARTPEME DE FEBREIRO EN CAMBADOS

CURSOS SMARTPEME DE FEBREIRO EN CAMBADOS

SmartPeme, é unha rede de puntos situados nas diferentes comarcas de Pontevedra onde a Deputación pon a súa disposición servizos de información e asesoramento presencial e personalizado en relación ás TIC e ás novas tecnoloxías.

Entre as disintas actividades que desenvolve o SmatPeme, nesta ocasión queremos convidalo a participar nas sesións de capacitación tecnolóxica que terán lugar durante o mes de Febreiro no seu punto SMARTPEME de referencia, situado en Punto SmartPeme en Cambados (Aula de actividades). Centro Exposalnés, Paseo da Calzada, s/n, 36636:

  • 06/02/2017 de 19:00 a 21:00

Xestiona o teu negocio dende o móbil.

  • 09/02/2017 de 19:00 a 21:00

A túa información sempre á man, almacenamento na nube.

  • 16/02/2017 de 19:00 a 21:00

Como mellorar a percepción da túa clientela cos teus e-mail.

  • 21/02/2017 de 19:00 a 21:00

Deseña sinxelamente imaxes abraiantes e profesionais.

  • 28/02/2017 de 19:00 a 21:00

Coñece as claves para a dixitalización documental.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.