CURSOS GRATUITOS DE INFORMÁTICA PARA MAIORES DE 65 ANOS IMPARTIDOS POR EMPRESAS DO MUNICIPIO.

CURSOS GRATUITOS DE INFORMÁTICA PARA MAIORES DE 65 ANOS IMPARTIDOS POR EMPRESAS DO MUNICIPIO.

O Concello de Cambados pon en marcha cursos gratuítos de Informática para maiores de 65 anos que se van desenvolver no centro da Merced e nas aulas de informatica das parroquias de Vilariño e Castrelo.

Serán impartidos por 3 empresas do municipio, Vai@Bit, Tecnogalicia e Grupinfor, dende o 27 ao 30 de xuño, con dúas horas de formación cada día. Os interesados, como máximo 30, poden anotarse presentando unha solicitude no Rexistro do Concello durante a vindeira semana. Os cursos non terán custe para o Concello xa que están financiados na súa totalidade por CaixaBank.