A OMIX do Concello de Cambados informa dos cursos que se levarán a cabo durante os meses de abril e maio no centro sociocultural da Merced:
-Talleres monográficos de tempo libre (gratuítos):
-
Globoflexia (6 de abril, de 10 a 13h)
-
Reciclaxe (20 de abril, de 10 a 13h)
-
Reciclaxe (27 de abril, de 10 a 13h)
-Talleres para maiores (gratuítos):
-
Reforzo da memoria a través dos contos (os martes de abril e maio, de 10:30 a 12h)
-Talleres da Cruz Vermella:
-
Primeiros auxilios: (do 8 ao 12 de maio,de 10 a 14h)
-Obradoiros Quérote+ (gratuítos):
-
Ciberseguridade (maio, data por confirmar)
-
Imaxe corporal e autoestima (maio, data por confirmar)
Tamén se informa de que está aberto o prazo de inscripción no programa “DepoAventura A Lanzada 2017”, un campamento de verán organizado pola deputación de Pontevedra para rapaces e rapazas nacidos entre o 2004 e o 2009 (ambos incluídos)
Para máis información e inscripcións, poden acudir á OMIX (centro sociocultural “A Merced”, 1ª planta (av. da Coruña s/n)) ou chamar aos teléfonos 986542663/673533331 de luns a venres entre as 10 e as 14 horas.