Xesintec Formación ten programado para este sábado 18, en horariointensivo de mañá e tarde, un curso de manipulador polivalente de equipos de traballo (carretilla frontal, lateral, telescópica, traspaleta, plataforma fixa, míbil e brazo telescópico), operador de grúa autocargante de camión e barco. Poderán asistir todas as persoas interesadas, tanto sexan autónomos,desempregados ou traballadores en activo.
A matrícula do curso é gratuíta e regálase o curso de EPI’s (Equipos de Protección Individual) e o prazo de inscripción remata o venres 17 de xuño ás 14:00.
Para máis información e inscripción, poden poñerse en contacto a través dos teléfonos 986732728 e 630128517 ou no email xesintecformacion@hotmail.com