CURSO DE MONITOR DE TEMPO LIBRE DA OMIX

CURSO DE MONITOR DE TEMPO LIBRE DA OMIX

A Oficina Municipal de Información Xuvenil informa do próximo comezo dun curso de monitor de tempo libre, que terá lugar do 19 de xullo ao 2 de setembro, de luns a venres en horario de mañá.

Para todas as persoas interesadas neste curso, están dispoñibles as últimas prazas. O prezo da inscripción é de 190€ (175€ con carné xove).

Para máis información e inscripcións, poden acudir á OMIX (centro sociocultural “A Merced”, 1ª planta (av. da Coruña s/n)) ou chamar aos teléfonos 986 54 26 63 / 673 53 33 31 de luns a venres entre as 10 e as 14 horas. Tamén no email omix@cambados.es

Tamén está dispoñible na OMIX de Cambados información sobre as seguintes actividades:

-Galeuropa (prácticas formativas non remuneradas en países europeos, a través da asociación Erasmus Compostela)

-Campamento urbano en Meis para mozos e mozas de 12 a 16 anos, con actividades de natureza e de cociña

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.