CURSO DE LINGUA DE SIGNOS

CURSO DE LINGUA DE SIGNOS

Cambados súmase ás institucións que facilitan a aprendizaxe de lingua se signos. O 20 de outubro arrinca un curso no centro cultural de Corvillón, os sábados de 17.00 a 18.00 horas, que se prolongará ata maio. Será de carácter gratuíto, impartirao Miriam Aller, da empresa Entresignos, e hai vinte prazas dispoñibles. No caso de que a demanda o requira, faranse dous grupos, segundo informou o concelleiro Tino Cordal. Ademais dos signos propiamente ditos, os asistentes terán oportunidade de coñecer aspectos da cultura das persoas xordas, que existe como tal, e as estratexias que se poden usar para favorecer a comunicación con este colectivo. O nivel do curso é básico, «empezarase desde cero», segundo afirmou Aller, e será de carácter eminentemente práctico.

 

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.