O Ilmo. Concello de Cambados pon en coñecemento da opinión pública que vai celebrar dous cursos de fotografía, un para adultos (a partir de 16 anos) e outro para mozos (de 12 a 16 anos).
Están organizados polo Concello de Cambados e dirixidos e impartidos polo fotógrafo Quico Álvarez, e celebraranse no edificio de ExpoSalnés (Paseo da Calzada, s/n, 36630, Cambados. Pontevedra).
Ámbolos cursos están considerados como de introducción e son aptos para iniciados e non iniciados na fotografía. Consta de 50 horas lectivas, das cales catro son prácticas guiadas de toma de fotografías en exteriores.
O prezo da matrícula é de 60€, e de 48€ (20% de desconto) para parados e estudantes. O pago poderase efectuar ata o primeiro día das clases como pago único, ou en dous prazos (o primeiro ata o primeiro día das clases e o segundo ata o primeiro día da terceira semana de clases).
O material necesario é unha cámara fotográfica aportada por cada alumno (aínda que é preferible cámara, pódese asistir e aproveitar o curso cun smartphone). Por parte da organización aportaranse uns apuntes completo e todo o material fotográfico e didáctico necesario para as distintas prácticas.
Datas e horarios:
· CURSO PARA ADULTOS: Do 29 de febreiro ao 21 de marzo. Luns, mércores e
xoves, de 20:00 ás 22:00h
· CURSO PARA MOZOS: Do 4 ao 25 de abril. Luns, mércores e xoves, de 18:00 ás
20:00h.
Inscrición, información e matrícula:
Teléfono: 636 95 33 02 / 986 52 07 86
Correo electrónico: curso@quicoalvarez.com
E na Oficina de Información e Turismo de Cambados (Edif. de ExpoSalnés, Paseo da Calzada s/n. Cambados)