CURSO DE ESTIMULACIÓN DA MEMORIA PARA MAIORES DE 60 ANOS

CURSO DE ESTIMULACIÓN DA MEMORIA PARA MAIORES DE 60 ANOS

A Concellería de Servizos Sociais do Concello de Cambados, dirixida por Tino Cordal, volve organizar tralo éxito da anterior edición, en colaboración coa educadora social, Julia Martínez, o curso de estimulación da memoria para maiores de 60 anos.

A Concellería de Servizos Sociais están notando un claro e progresivo envellecemento da poboación cun aumento de enfermidades relacionadas coa perda de memoria. Desde as asociacións de xubilados lle trasladaron ao Concello de Cambados esta demanda, para que aos veciños máis maiores se activen e tamén aos seus familiares para que colaboren en este tipo de iniciativas que buscan darlles alternativas adecuadas ás súas necesidades.

Por todo iso, o departamento de Tino Cordal volvera ofrecer novamente de outubro a maio un taller de estimulación da memoria e axilidade mental impartido pola profesora Julia Martínez. Será unha actividade dinámica, participativa e divertida, para xente con gañas de pasarllo ben, resumiu a experta, quen tamén explicou que ela recomendou pagar un prezo simbólico por alumno, como na anterior edición, porque, por experiencia, combate a preguiza que poidan ter os usuarios de asistir nalgún momento. As sesións serán semanais e os xoves na segunda planta do Salón de Actos de Peña, en 2 quendas, como o ano pasado: de 16 a 18 horas a primeira; e de 18:15 a 20:15 horas a segunda.

A metodoloxía empregada será teórico-práctica. As accións formativas consistirán nun curso presencial que seguirá unha metodoloxía activa e dinámica, favorecendo a participación e adaptando o curso tanto ao grupo como ás características individuais de cada persoa. Os participantes recibirán material de apoio. Os asistentes ao curso, un máximo de 40, poderán ser persoas maiores de 60 anos. Poderán inscribirse no despacho do edil de Servizos Sociais do Concello de Cambados ou no propio Salón de Peña o 3 de Outubro cando se inicie o curso.