CURSO DE “APLICACIÓN DE TÉCNICAS DE SEGURIDADE E PRIMEIROS AUXILIOS”

CURSO DE “APLICACIÓN DE TÉCNICAS DE SEGURIDADE E PRIMEIROS AUXILIOS”

Esta aberto o prazo de inscrición par o curso de “Aplicación de técnicas de seguridade e primeiros auxilios”  do programa ACTIVATE 2015  da Deputación de Pontevedra, que se vai celebrar no centro “la Merced”  no mes de outubro.

HORARIO DE 9:30 A 13:30 H, DE MARTES A VENRES

DURACIÓN:  40 h

PARTICIPANTES: MÍNIMO DE 15 E MÁXIMO DE 25 .

Está dirixido prioritariamente a moz@s entre 16 a 35 anos de idade, empadroados no

concello solicitante, desempregados ou non.

 

  • No caso de exceder as 25 solicitudes, aplicaranse os criterios recollidos na Base Sétima “Procedemento de Concesión”, establecendo a orde de preferencia á hora de chamar ós/ás participantes; os criterios serán os seguintes (sempre mantendo a orde de presentación de solicitudes dentro de cada un dos criterios):

·         Persoas desempregadas do concello

·         Persoas en activo do concello

·         Persoas desempregadas doutros concellos

·         Persoas en activo doutros concellos

·         Persoas que non cumpran o requisito de idade (establecendo a mesma orde de preferencia que as anteriores)

 

O prazo  de inscrición remata o día  18 de setembro ( inclusive)

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.