CURSO DE “APLICACIÓN DE TÉCNICAS DE SEGURIDADE E PRIMEIROS AUXILIOS”

Esta aberto o prazo de inscrición para o curso de “Aplicación de técnicas de seguridade e primeiros auxilios” do programa ACTIVATE 2015 da Deputación de Pontevedra, que se vai celebrar no centro “la Merced” no mes de outubro.

Está dirixido prioritariamente a moz@s entre 16 a 35 anos de idade, empadroados no

concello solicitante, desempregados ou non.

  • No caso de exceder as 25 solicitudes, aplicaranse os criterios recollidos na Base Sétima “Procedemento de Concesión”, establecendo a orde de preferencia á hora de chamar ós/ás participantes; os criterios serán os seguintes (sempre mantendo a orde de presentación de solicitudes dentro de cada un dos criterios):
  • Persoas desempregadas do concello
  • Persoas en activo do concello
  • Persoas desempregadas doutros concellos
  • Persoas en activo doutros concellos
  • Persoas que non cumpran o requisito de idade (establecendo a mesma orde de preferencia que as anteriores)

  • HORARIO DE 9:30 A 13:30 H, DE MARTES A VENRES
  • DURACIÓN: 40 h
  • PARTICIPANTES: MÍNIMO DE 15 E MÁXIMO DE 25 .

DATA DE REALIZACIÓN DO CURSO: DO 13 AO 28 DE OUTUBRO

Últimas prazas.

Amplíase o prazo de inscrición ata o día 24, xoves.