Cortes de tráfico pola VIII carreira popular Concello de Cambados

Cortes de tráfico pola VIII carreira popular Concello de Cambados

Pechado o prazo de inscripcións, a VIII CARREIRA POPULAR CONCELLO DE CAMBADOS  contará cun número de 300 corredores/as. De estes, 257 serán homes e 43 mulleres. Ademáís, contaremos con 40 cambadeses/as. Entre os favoritos a levarse a proba, en homes estarán os atletas da Sociedade Gimnástica Rubén Diz e Manuel “Huracán” Hurtado e o fondista ourensán, Alejandro Fernández Rivera. Tamén poden entrar nas quinielas os pontevedreses Álvaro Prieto e Elías Domínguez. No caso das féminas, a gran favorita para acadar o primeiro posto é Paula Mayobre de Ares. Entre os veteranos destacan Javier Fernández Feijoó e Esther Pedrosa, lendas do atletismo galego e español.

A madriña da proba, que a presenciará in situ, será a atleta internacional Solange Andrea Pereira, que recentemente ven de quedar cuarta nos Xogos do Mediterráneo.

 

IMPORTANTE

 

ESTE DOMINGO 8 DE XULLO, CON MOTIVO DA CARREIRA POPULAR, DAS 09:30 ÁS 12:00 HORAS DA MAÑÁN PECHARANSE AO TRÁFICO DE VEHÍCULOS AS SEGUINTES RÚAS DO CENTRO: PRAZA DE FEFIÑÁNS, AVENIDA DE A CORUÑA, O POMBAL, RIBEIRA DE FEFIÑÁNS, PASEO DA CALZADA, PRAZA DO CONCELLO, PASEO MARÍTIMO, ALAMEDA DE SANTOMÉ, AVENIDA DE GALICIA, AVENIDA DE VILARIÑO, AVENIDA DE MADRID E RÚA REAL.

PREGAMOS DE TÓDOLOS VECIÑOS COLABORACIÓN E QUE SAIBAN DESCULPAR AS POSIBLES MOLESTIAS