CORTE DE TRÁFICO DIANTE DO CUARTEL DA GARDA CIVIL DE CAMBADOS POLAS OBRAS DE DEMOLICIÓN

A Rúa Valle Inclán permanecera pecahada ao trafico do 8 de febeiro ao 10 febreiro

A empresa encargada da demolición do antigo cuartel da Garda Civil permitira o acceso dos veciños residentes no edificio en fronte ao cuartel, e aos alumnos na hora de entrada e saida do Instituto Ramón Cabanillas.

A partir das 8 horas do luns 8 de febreiro e ata as 19 horas do mércores 10, procederase a pechar ao tráfico o tramo da rúa Valle Inclán diante da fachada do cuartel da Garda Civil, debido ás obras de demolición que se están levando a cabo.

Iso implica que, durante eses días, os vehículos non poderán circular dende a Avenida do Salnés cara a esta rúa, coa excepción dos residentes no edificio situado fronte ao cuartel. Tampouco se impedirá a entrada e a saída do alumnado do Instituto Ramón Cabanillas que accede a dito centro educativo a través da porta situada na rúa Valle Inclán, ao carón do cuartel. Por outra banda, a rúa Pardo Bazán seguirá aberta ao tráfico e poderase xirar á esquerda ao final da mesma para dirixirse á Praza Francisco Asorey.

Dende as concellerías de Obras e Servizos e a de Seguridade Cidadá e Tráfico, prégase que se respecte este peche temporal dese tramo da rúa Valle Inclán e pídese desculpas polas molestias que se poidan ocasionar.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.