CONVOCATORIA PARA EMPRESAS DO SECTOR HOSTELEIRO DO CONCELLO DE CAMBADOS PARA PARTICIPAR NO PLAN DE PRACTICA LABORAL

O Concello ten previsto poñer en marcha un Plan de Práctica Laboral do curso AFD, Operacións Básicas de Restaurante e Bar, subvencionado pola Consellería de Traballo e Benestar HOTR0208, que se está a celebrar no Centro Cultural A Merced .

OBXECTO.-

Estas bases teñen por obxecto regular as condicións polas que se rexerá a convocatoria pública, en réxime de concurrencia competitiva, da selección de empresas do sector hosteleiro, para a adjudicación de 15 bolsas de práctica laboral dos alumnos participantes no curso.

FINALIDADE DO PLAN.-

A finalidade  é a realización das prácticas previstas no programa formativo do curso e o mesmo tempo  poñer en práctica os coñecementos adquiridos durante o curso, contanto cos coñecementos e experiencia de  profesionales do sector hosteleiro, do noso municipio.

CONDICIÓNS DO PLAN

A duración das prácticas é de 80 horas en total, e desarrollaránse entre o 14 de outubro ó 3 de novembro de 2015.

Os alumnos contarán con un seguro de accidentes, que cubrirá as continxencias  no desenrolo destas prácticas  que poidesen acontecer, durante a duración das mesmas.

DOCUMENTACIÓN E PRAZO DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES.

Os establecementos interesados en participar no Plan de Práctica Laboral, deberán presentar unha instancia, que será facilitada polo concello,  no Rexitro do mesmo e dende o 23 de setembro  do 30 de setembro,  aportando a seguinte documentación:

  • Fotocopia do D.N.I. ou C.I.F.
  • Certificado de estar o corrente coa Axencia Tributaria.
  • Certificado de estar o corrente coa Tesoureria Territorial da Seguridade Social

ADXUDICACION DAS MESMAS.

Unha vez finalizado o plazo de presentación das solicitudes, faráse a adjudicación das mesmas por concurrencia competitiva.


Descargar: Instancia Practicas Hosteleria.pdf