Poderán solicitar estas axudas os grupos informais de mozos e mozas que desexen realizar unha iniciativa xuvenil, así como as asociación xuvenís, as entidades prestadoras de servizos á xuventude e as súas respectivas federacións, sempre que, no caso destas últimas, o proxecto que presenten non sexa o mesmo que o de cada unha das asociación que as conforman.
Enténdense por iniciativas xuvenís os proxectos liderados pola mocidade da Comunidade Autónoma de Galicia en que as persoas novas sexan as verdadeiras protagonistas, a través da participación activa na planificación e na realización das actividades deseñadas por elas mesmas. A finalidade das subvencións é fomentar e consolidar a participación libre e eficaz da mocidade no desenvolvemento político, social, económico e cultural, así como promover a adecuada utilización do lecer, a calidade de vida e o benestar dos mozos e mozas da nosa comunidade autónoma, a través de proxectos integrais e específicos de actuación.
Para obter máis información, consultar este enlace ou o arquivo adxunto.
Descargar: Convocatoria e bases iniciativa xove.pdf