CONVOCATORIA DO PLENO ORDINARIO DE XULLO

O xoves 28 de xullo, ás 21:00 horas celebrarase no salón de plenos da casa consistorial a sesión ordinaria do Pleno da Corporación Municipal coa seguinte

 

ORDE DO DÍA:

1. Aprobación das actas das sesións extraordinarias celebradas o 31 de maio e ordinaria de 30 de xuño de 2016.

2. Aprobación, se procede, do incremento da cantidade global destinada a complemento de productividade funcionario.

3. Aprobación provisional, se procede, da ordenanza fiscal reguladora da taxa por visitas a museos, monumentos históricos ou artísticos e centros e lugares análogos.

4. Aprobación provisional, se procede, da modificación da ordenanza reguladora do prezo público pola venta de diversos productos na rede de museos do Concello de Cambados.

5. Aprobación inicial, se procede, da ordenanza reguladora da administración electrónica do Concello de Cambados.

6. Renuncia de concelleiro e proposta de substitución.

7. Amoción do grupo municipal do partido popular de derogación de criterios do decálogo de criterios para as actuacións nas vías provinciais.

8. Acordo do goberno municipal de Cambados, instando á Consellería de Política Social da Xunta de Galicia a valorar as solicitudes de recoñecemento do grao de discapacidade da provincia de Pontevedra no mesmo tempo cas outras tres provincias galegas.

9. Acordo para condenar o golpe de estado de xullo de 1936 e a ditadura franquista.

10. Dar conta sobre o informe do período medio de pago do segundo trimestre de 2016.

11. Dar conta do informe de tesourería sobre morosidade do segundo semestre de 2016.

12. Dar conta do informe de intervención sobre as resolucións adoptadas polo presidente da corporación local contrarias aos reparos efectuados e sobre as principais anomalías en materia de ingresos.

13. Moción do grupo municipal do partido popular esixindo a dimisión do concelleiro Xurxo Charlín Trigo, pola súa actuación na xornada electoral do día 26 de xuño de 2016.

14. Dar conta da aprobación da liquidación do orzamento do exercicio 2015.

15. Dar conta das resolucións da alcaldía.

16. Rogos e preguntas.

 

Lembramos que a sesión plenaria será emitida en directo a través da nosa canle en youtube, con enlace nesta mesma páxina web.


Descargar: Convocatoria pleno xullo 2016.pdf