CONVOCATORIA DO PLENO ORDINARIO DE XANEIRO

O xoves 28 de xaneiro, ás 21:00 horas celebrarase na casa consistorial a sesión ordinaria do Pleno da Corporación Municipal coa seguinte

ORDE DO DÍA:

 

1. Lectura e aprobación da acta correspondente á sesión celebrada o día 22-12-2015

2. Aprobación, se procede, da proposta presentada polos sectores do mar de Galicia instando á retirada do anteproxecto de lei de acuicultura de galicia

3. Aprobación inicial, se procede, do expediente de concesión de crédito extraordinario e suplemento de crédito nº 1/2016

4. Aprobación inicial, se procede, do expediente de recoñecemento extraxudicial nº1/2016

5. Aprobación inicial se procede, do regulamento de réximen interno da piscina municipal de Cambados

6. Aprobación, se procede, do acordo de goberno para instar á derogación da lei 27/2013, de 27 de decembro, de racionalización e sustentabilidade da administración local

7. Dar conta das resolución dictadas pola alcaldía

8. Contestación a preguntas formuladas

9. Rogos e preguntas

 

Lembramos que a sesión plenaria será emitida en directo a través da nosa canle en youtube, con enlace nesta mesma páxina web.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.