O xoves 25 de xaneiro, ás 21:00 no salón de plenos da casa consistorial celebrarase a sesión plenaria ordinaria correspondente ao mes de xaneiro, coa seguinte
ORDE DO DÍA:
1º.- Acordo de Goberno sobre a demanda da Plataforma en Defensa da Ría de Arousa.
I PARTE RESOLUTIVA
2º.- Aprobación inicial, se procede, de modificación da Ordenanza Fiscal Reguladora do Imposto sobre bens inmobles.
3º.- Aprobación inicial, se procede, de modificación da Ordenanza Fiscal Reguladora do Imposto sobre Actividades Económicas.
4º.- Aprobación inicial, se procede, de modificación da Ordenanza Fiscal Reguladora do Imposto sobre construcción, instalación e obras.
5º.- Adhesión, se procede, ao protocolo xeral de actuación entre a Xunta de Galicia e a FEGAMP para fomentar a implantación e fixación de empresas en Galicia mediante a creación da iniciativa “Concello Doing Business Galicia”.
6º.- Aprobación se procede do ditame referente á asunción pola Administración Xeral da Comunidade Autónoma de Galicia da convocatoria e desenvolvemento dos procesos selectivos unitarios para o acceso ás diferentes categorías dos Corpos de Policía Local e as prazas de auxiliares de Policía Local
II PARTE DE CONTROL E FISCALIZACIÓN DA XESTIÓN DOS ÓRGANOS MUNICIPAIS DE GOBERNO
7º.- Acordo de goberno sobre rexeitamento do Proxecto de Lei Xeral de Orzamentos do Estado 2018.
8º.- Moción do grupo municipal de Somos Cambados para solicitar medidas para evitar ou limitar os cortes producidos no servizo de distribución eléctrica cada vez que se produce un temporal.
9º.- Dar conta do Plan Especial de infraestruturas en solo rústico da prolongación da rúa “A Pacheca”.
10º.- Dar conta das resolucións da alcaldía
11º.- Rogos e preguntas
Lembramos que esta sesión plenaria será emitida en directo a través da nosa canle en Youtube, con enlace nesta páxina web.