CONVOCATORIA DO PLENO ORDINARIO DE OUTUBRO

O luns 30 de outubro, ás 21:00 horas celebrarase no salón de plenos da casa consistorial a sesión ordinaria do Pleno da Corporación Municipal coa seguinte

ORDE DO DÍA

I PARTE RESOLUTIVA

1º.- Aprobación das actas das sesión ordinarias celebradas os días 25 de maio, 29 de xuño e 27 de xullo de 2017.

2º.- Aprobación, provisional se procede, da ordenanza reguladora do imposto sobre bens inmobles.

3º.- Aprobación, provisional se procede, da ordenanza reguladora do imposto sobre actividades económicas.

4º.- Aprobación, provisional se procede, da ordenanza reguladora do imposto sobre vehículos de tracción mecánica.

5º.- Aprobación, provisional se procede, da ordenanza reguladora da taxa pola prestación do servizo de distribución de auga.

6º.- Aprobación, provisional se procede, da ordenanza reguladora da taxa pola prestación do servizo de sumidoiros.

7º.- Aprobación, provisional se procede, da ordenanza reguladora da taxa por recolida de residuos sólidos urbanos.

8º.- Aprobación, provisional se procede, da ordenanza reguladora da taxa por ocupación de terreos de uso público local con mesas, cadeiras, tribunas, tablados e outros elementos análogos con finalidade lucrativa.

II PARTE DE CONTROL E FISCALIZACIÓN DA XESTIÓN DOS ÓRGANOS MUNICIPAIS DE GOBERNO

9º.- Acordo de Goberno instando a que se deixe de perseguir a axuda entre familiares e vecinos non retribuida.

10º.- Moción do grupo municipal do BNG solicitando a retirada do proxecto de Lei de Portos de Galiza.

11º.- Moción do grupo municipal do Partido Popular para apoiar e respaldar ás forzas e corpos de seguridade do estado como garantes do estado de dereito.

12º.- Moción do grupo municipal de Somos Cambados de Rexeitamento da Proposición de Lei de Fomento de Iniciativas Empresariais.

13º.- Moción do grupo municipal socialista con motivo do día 25 de novembro, día internacional contra a violencia de xénero.

14º.- Moción do grupo municipal socialista sobre a vaga de lumes que asolou Galicia.

15º.- Moción do grupo municipal de Somos Cambados na defensa dunha política agroforestal ao servizo da xente.

16º.- Moción do grupo municipal do BNG contra os lumes forestais e polo desenvolvemento rural.

17º.- Dar conta das resolucións da alcaldía

18º.- Rogos e preguntas

A sesión plenaria será emitida en directo a través da nosa canle en youtube, con enlace nesta mesma páxina web.


Descargar: DECRETO 2017-0328 [DECRETO convocatoria pleno ordinario outubro 2017].pdf

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.