CONVOCATORIA DO PLENO ORDINARIO DE MARZO

O xoves 31 de marzo, ás 21:00 horas celebrarase no salón de plenos da casa consistorial a sesión ordinaria do Pleno da Corporación Municipal coa seguinte

 

ORDE DO DÍA:

1. Aprobación da acta da sesión ordinaria celebrada o 25 de febreiro de 2016.

2. Aprobación inicial, se procede, do regulamento de participación cidadá do Concello de Cambados.

3. Aprobación inicial, se procede, do regulamento de funcionamento do punto limpo do Concello de Cambados.

4. Incorporación, se procede, do Concello de Cambados no Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar.

5. Adhesión, se procede, do Concello de Cambados ao Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade.

6. Aprobación, se procede, do acordo do grupo de  goberno para declarar Cambados vila libre de circos con animais.

7. Aprobación, se procede, do acordo do grupo de goberno sobre o dereito internacional de asilo.

8. Moción do grupo municipal do Partido Popular sobre seguros municipais.

9. Moción do grupo municipal do Partido Popular referente ao peche da Praza de Fefiñáns.

10. Dar conta da aprobación da liquidación do orzamento do exercicio 2015.

11. Dar conta das resolucións da alcaldía.

12. Rogos e preguntas.

 

Lembramos que a sesión plenaria será emitida en directo a través da nosa canle en youtube, con enlace nesta mesma páxina web.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.