Convocatoria do pleno ordinario de abril

Convocatoria do pleno ordinario de abril

O xoves 25 de abril, ás 21:00 no salón de plenos da casa consistorial celebrarase a sesión plenaria ordinaria correspondente ao mes de setembro, coa seguinte

ORDE DO DÍA:

  1. A) PARTE RESOLUTIVA

1º.- Aprobación, se procede, das actas de sesión anteriores (sesión do: 29/11/2018; 20/12/2018; 30/01/2019 e 28/02/2019)

2º.- Expediente 1755/2019 – Irmandade co concello de Celorico de Basto

3º.- Expediente 1412/2019 –  Acordo para adhesión á iniciativa europea do pacto dos alcaldes para o clima e a enerxía

4º.- Expediente 833/2019 – Proposición do BNG sobre dotación de ambulancia medicalizada permanente na comarca do Salnés

5º.- Expediente 913/2019 – Proposición de Somos Cambados en defensa dos traballadores do mar

6º.- Expediente 1106/2019 – Proposición do PP en relación ao aumento das cotizacións dos traballadores do mar

7º.- Expediente 1409/2019 – Proposición do BNG sobre as cotizacións dos e das traballadoras do sector do mar

8º.- Expediente 1410/2019 – Proposición do PP sobre petición inicio expediente para solicitar á Xunta de Galicia a desafectación do edificio de escola unitaria de Covas de Lobos/Vilariño

9º.- Expediente 1518/2019 – Proposición de Cambados Pode sobre ampliación de cupos de uva albariña por hectárea durante as próximas vendimas na D.O. Rias Baixas

10º.- Expediente 1754/2019 – Proposición de Somos Cambados para que o proxecto do regulamento xeral de costas teña en conta as demandas do sector do mar

  1. B) ACTIVIDADE DE CONTROL

11º.- Dación de conta das resolucións dictadas pola alcaldía.

12º.- Contestación a rogos e preguntas

  1. C) ROGOS E PREGUNTAS

 

Lembramos que esta sesión plenaria será emitida en directo a través da nosa canle en Youtube.