DECRETO
En uso das atribucións conferidas a esta Alcaldía polo artigo 21.1.c) da Lei 7/1985, de 2 de abril, Reguladora das Bases de Réxime Local e demáis preceptos concordantes do Regulamento de Organización, Funcionamiento e Réxime Xurídico das Entidades Locais, aprobado por Real Decreto 2568/1986, do 28 de novembro (ROF) e de conformidade co disposto no artigo 78.2 do ROF polo presente veño en convocar sesión ordinaria que se celebrará no Salón de Plenos o vindeiro día 30 de agosto, ás 21:00 horas e no caso de non existir quórum necesario, en segunda convocatoria dous días despois á mesma hora, para debatir os asuntos relacionados no seguinte:
I PARTE RESOLUTIVA
1º.- Aprobación, se procede, do recoñecemento extraxudicial de créditos nº 4/2017.
II PARTE DE CONTROL E FISCALIZACIÓN DA XESTIÓN DOS ÓRGANOS MUNICIPAIS DE GOBERNO
2º.- Moción do Grupo Municipal de Somos Cambados para esixir que o Pazo de Meirás sexa do pobo.
3º.- Moción do Grupo Municipal do BNG para o mantemento da Área Sanitaria do Salnés.
4º.- Acordo de Goberno para instar á Xunta de Galicia á retirada do anteproxecto da reforma da Lei de Saúde de Galicia e ao mantemento da Área Sanitaria do Salnés.
5º.- Moción do Grupo Municipal do PP de mellora dos parques infantís en todo o municipio.
6º.- Dar conta das resolucións da alcaldía
7º.- Rogos e preguntas
Da presente convocatoria, da acta e da orde do día darase a debida notificación a todos os membros da Corporación, procedéndose á súa publicación na web municipal.
Descargar: DECRETO 2017-0178 [convocatoria pleno ordinario agosto].pdf